Que hai detrás dun río, dun bosque, dun humidal ou dunha paisaxe que vemos todos os días? Este curso convídate a descubrir a riqueza natural de Galicia e a comprender por que é tan importante coñecela, valorala e protexela.
Ao longo de cinco módulos, achegaraste á Rede Natura 2000, aos espazos naturais protexidos e aos valores ambientais, culturais e sociais do noso territorio, con especial atención á Terra Chá e ao concello de Begonte. Aprenderás de maneira práctica e dinámica, con exemplos próximos, actividades e recursos que che permitirán interpretar o territorio con outros ollos.
Porque coñecer o lugar no que vivimos é o primeiro paso para coidalo.
Proxecto «Begonte Natura: Campaña de Sensibilización e Información para a Conservación da Biodiversidade en Espazos Protexidos da Rede Natura 2000», cofinanciado pola Unión Europea e a Xunta de Galicia.





Módulo 1. Por que protexer a natureza? Fundamentos e urxencia da conservación
Introdución á importancia de conservar a biodiversidade e os recursos naturais, comprendendo os servizos que os ecosistemas proporcionan á sociedade. Analízanse tamén as principais ameazas ambientais e a situación específica de Galicia.
Módulo 2. A Rede Natura 2000 en Galicia: obxectivos, figuras e xestión
Coñecemento da Rede Natura 2000, da súa orixe e dos seus obxectivos de conservación. Diferéncianse as figuras ZEC e ZEPA e analízase como se aplican en Galicia e como se compatibilizan coa actividade humana.
Módulo 3. Espazos naturais protexidos de Galicia: parques, reservas, monumentos e paisaxes
Presentación das principais figuras de protección establecidas en Galicia e das súas características. Coñeceremos parques naturais, reservas, monumentos naturais, paisaxes e humidais protexidos, así como algúns dos espazos máis representativos.
Módulo 4. Red Natura e espazos protexidos na Terra Chá e no Concello de Begonte
Achegamento ao patrimonio natural máis próximo, centrado na Terra Chá e especialmente no Concello de Begonte. Analízanse os ríos, humidais, bosques de ribeira, biodiversidade, espazos protexidos e valores naturais e culturais do territorio.
Módulo 5. Xestión, participación e futuro dos espazos protexidos en Galicia
Abórdanse as ferramentas de planificación e xestión dos espazos protexidos e o papel das administracións, poboación local e diferentes sectores. Trabállase tamén sobre desenvolvemento sostible, participación, actividade económica, turismo de calidade e futuro da conservación.
No lo dudes, da el primer paso y escoge hoy mismo un curso